Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A mostra 'A Coruña no tempo' reivindica a cultura urbana na identidade de Galicia

A exposición exhibe pezas únicas da historia da cidade

Así éramos: exposición A Coruña no tempo (12/07/2023)

Así éramos: exposición A Coruña no tempo (12/07/2023)

00:00:0013:28
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

Chega á sede de Afundación a exposición A Coruña no Tempo, unha mostra que reivindica a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia. Desde hoxe mesmo e ata o 16 de setembro poderanse ver pezas únicas relacionadas coa historia da cidade, como documentos fundacionais, unha foto da chegada da República a Galicia, o trofeo da Copa de España de fútbol de 1912 gañada polo Deportivo ou unha estrutura expositiva de 20 bustos e esculturas de figuras icónicas.

Tras o seu paso por outras cidades galegas, chega á Coruña este ciclo expositivo da man de Rubén Ventureira e Manuel Gago como comisionados e coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura e Afundación. O propio Gago describía unha das pezas máis especiais da exposición.

No acto de presentación, tamén estivo presente a alcaldesa Inés Rey, que se referiu á Coruña como unha cidade de barrios.

Un percorrido pola historia da nosa cidade, os seus diferentes estilos de construción e elementos únicos que axudarán a comprender mellor a contorna que nos rodea día a día na Coruña.

"Como nun país tan pequeno como Galicia pode haber tanta diversidade nas súas cidades", reflexionou Manuel Gago sobre a cuarta exposición do proxecto 'Cidades non Tempo', que xa pasou por Santiago, Ferrol e Lugo e agora atópase na Coruña, onde se expoñen pezas de particulares e do arquivo municipal para reivindicar a súa "identidade urbana".

O que mostra

Os visitantes poderán ver "o libro máis antigo da Coruña, o primeiro uniforme do Deportivo ou a bandeira de Galicia máis antiga", desvelou Rubén Ventureira, que sinalou que "os coruñeses se van a sentir identificados e van sentir orgullo da cidade".

Coa Torre de Hércules como punto de partida, o percorrido polas dúas plantas de Afundación vai desde a Cidade Vella ás primeiras industrias, a cidade das mulleres, a cidade liberal, os seus edificios, a importancia do porto e a unión entre os seus cidadáns.

A exposición inclúe mesmo unha recreación da fachada do primeiro Zara que abriu en Juan Flórez, o busto de Arsenio Iglesias, o plano da cervexaría de Estrela Galicia e a Copa de España que o Dépor gañou en 1912, un título que se oficializó este ano grazas á investigación de Ventureira.

Hoy por Hoy A Coruña

  • Escuchar

    11:01

  • Escuchar

    04:31

  • Escuchar

    06:36

  • Escuchar

    10:06

  • Escuchar

    08:38

  • Escuchar

    01:19:25

  • Escuchar

    07:20

  • Escuchar

    06:09

  • Escuchar

    11:33

  • Escuchar

    06:32

  • Escuchar

    31:53

  • Escuchar

    08:22

  • Escuchar

    01:19:37

  • Escuchar

    05:52

  • Escuchar

    09:58

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir