Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Rueda salienta a posta en marcha en Verín da primeira base de medios aéreos transfronteirizos de España e Portugal

Investíronse preto de 5,5 millóns de euros nestas instalacións

Rueda visita a nova Base aérea Verín-Oímbra. EFE/ Brais Lorenzo / Brais Lorenzo

Rueda visita a nova Base aérea Verín-Oímbra. EFE/ Brais Lorenzo

Ourense

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a posta en marcha da nova base aérea de Verín-Oímbra, a primeira transfronteiriza entre España e Portugal, que desde hoxe mesmo queda “plenamente operativa”. Esta infraestrutura, enmarcada no Proxecto europeo Interlumes, ten como obxectivo mellorar e intensificar a capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais, consolidando os mecanismos de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal.

“Ogallá que non sexa necesario utilizalas moito, pero cando sexa necesario teremos esta base, estes medios e a magníficos profesionais que van poder actuar a un lado e outro da fronteira”, apuntou durante unha visita ás instalacións na que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez.

Rueda subliñou que esta nova base exemplifica a cooperación fluída e intensa co país luso, reforzando a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como exemplo de integración e dinamismo e para dar un salto de calidade na extinción de lumes. Así, puxo en valor a necesidade de facer “proxectos transfronteirizos, aínda que non é nada sinxelo xa que requiren dunha tramitación moi complexa”, polo que quixo dar as grazas a todos os que o fixeron posible.

A base aérea de Verín-Oímbra, na que se investiron preto de 5,5 millóns de euros, –obra cofinanciada polo programa Interreg POCTEP–, está orientada principalmente aos traballos de extinción de incendios. Así, nela poden operar helicópteros e avións de carga en terra. O aeródromo dispón dunha plataforma de estacionamento para seis aeronaves de carga en terra e o heliporto para catro helicópteros, cunha pista de aterraxe que mide 1.200 metros. Ademais, conta con catro depósitos de auga e instalacións de carga de combustible.

Así mesmo, as instalacións incorporan unha torre de control e un edificio de descanso con tres zonas diferenciadas, para pilotos de avións, para pilotos de helicópteros e para brigadas contra incendios.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir