Sociedad

Pintxos vascos con productos do Mercado de Pontevedra

O Concello de Pontevedra promove esta actividade no marco de colaboración que mantén co CIFP Carlos Oroza, que realiza o intercambio bilateral co centro de ensinanza de Hostelería de Leioa

Novo intercambio bilateral entre a escola de hostalería do Carlos Oroza coa Escola de Leioa co gastroespacio do Mercado de Pontevedra como escenario. O primeiro que hai que aclarar é que trátase dunha actividade formativa e polo tanto non é que se vaia a instalar un restaurante alí. Polo menos de momento, porque lembremos que, se a iniciativa formativa ten éxito, no verán, os alumnos terán a oportunidade de emprender un novo negocio nese espazo.

Hora 14 Pontevedra (16/10/2024)

12:56

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/cadenaser_pontevedra_hora14pontevedra_20241016_141704_143000/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A edil de Promoción económica, Anabel Gulías, presentou esta nova colaboración co CIFP Carlos Oroza dentro do marco dun proxecto que se iniciou o ano pasado, e que tiña como epicentro o primeiro andar do Mercado de Pontevedra, «un exemplo de boa práctica e un exemplo fundamental para poñer de novo en marcha este espazo».

A concelleira quixo agradecerlle á Consellería de Educación a súa colaboración neste proxecto e ao CIFP Carlos Oroza polo seu compromiso demostrado ao longo dos anos na súa relación co Concello de Pontevedra. «Non son poucas as colaboracións que temos co Carlos Oroza, pero sen dúbida a que máis ilusión me fai é esta fiestra permanente do Oroza no Mercado, un espazo emblemático e unha sinerxía perfecta cos usos tradicionais do Mercado».

O director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo, estivo acompañado do profesor Ricardo

Fernández e da representante da Escola de hostalaría de Leioa, Nerea Díaz, centro que se realizará este curso o intercambio bilateral previsto, e cuxo alumnado tomará este xoves o primeiro andar do Mercado para ofrecer un menú especial, poñendo en práctica o aprendido durante o seu paso pola escola, en colaboración co alumnado e profesorado do Carlos Oroza.

O profesor Ricardo Fernández destacou a importancia de poder realizar este tipo de propostas nun espazo coma é o Mercado. «O alumnado recibe este tipo de iniciativas de xeito moi positivo», explicou. Pola súa banda, Nerea Díaz indicou que estaban «encantados de estar en Pontevedra, nunha experiencia nova que nos permite en valor a nosa cultura». «Queremos aprender, e queremos ver o que se fai fóra, e aprender deste xeito, e o proxecto do Mercado é, desde logo, envexábel».

O menú que elaborarán os alumnos terá pintxos como unha gilda, un brie de txangurro, croquetas, cocochas rebozadas a vizcaína, marmitako, tortilla de bakio, purrusalda, bacalao a vizcaína e pil pil, chipirons, albóndigas de lumagorri, e de sobremesa farán Goxua, que é unha sobremesa típica de Euskadi.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00