Sociedad

Evacuado en helicóptero un accidentado en Corcubión

Precipitouse dende uns catro metros de altura ao ceder o elevador no que traballaba no Concello. Permanece na UCI do CHUAC con pronóstico grave

O gran peso da máquina puido provocar o afundimento da estrutura

Corcubión

Un varón natural de Laxe e duns 40 anos foi a vítima dun novo accidente labroal na bisbarra. O accidentado caeu dende unha altura duns catro metros cando traballaba nunhas obras de acondicionamento do tellado do edifico do Concello. Logo dunha primeira atención médica no lugar do accidente, foi trasladado ao Hospital Comarcal e posteriormente evacuado ao CHUAC, onde permanece na UCI con pronóstico grave.

Os feitos tiveron lugar este mediodía na fachada traseira da casa consistorial. O operario traballaba nunha plataforma elevadora de grandes dimensións desenrolando unhas tarefas de mantemento contratadas polo Concello corcubionés. Cando a máquina se atopaba fóra da pista deportiva, a placa de hormigón sobre a que se apoiaba cedeu, provocando o afundimento da plataforma e a caída do traballador que se traballaba en altura. Logo dunha primeira atención no lugar do accidente, foi trasladado ao Hospital Comarcal, decidíndose a súa evacuación aérea en dirección ao CHUAC. Alí permanece na UCI en estado grave. As probas iniciais revelaron un traumatismo craneoencefálico severo e multiples golpes e contusións.

A máquina coa que traballaba o accidentado apoiábase no momento dos feitos sobre unha placa de formigón baixo a que non hai nada. Nese espazo proxectáranse hai anos uns vestiarios que non se chegarran a construir.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00