Sociedad

O concerto de Santa Icía reunirá a máis de cen intérpretes sobre o escenario do Pazo da Cultura

O espectáculo, previsto para este sábado, ás 19.00 horas, contará coas actuacións da Banda de Música de Salcedo, a Banda Xuvenil de Salcedo e a Coral Polifónica de Salcedo, todas elas pertencentes ao paraugas da Asociación Cultural San Martiño

A entrada é de balde e conta cun programa con actuacións independentes de cada formación, mais tamén dunha xuntanza espectacular ao final do show. A Asociación Músico-Cultural San Martiño vivirá esta fin de semana unha xornada para lembrar. Até cen interpretes pertencentes a esta agrupación subirán ao escenario do Pazo da Cultura no clásico concerto de Santa Icía, que se celebrará este sábado, 23 de novembro, ás 19 horas. A apertura de portas dará paso as actuacións da Banda de Música de Salcedo, da Banda Xuvenil de Salcedo e da Coral Polifónica de Salcedo; o tridente musical que constitúe a asociación San Martiño e que este ano, desde a súa dirección, prometen ofrecer un espectáculo realmente especial.

Dentro das novidades que sinalan, cómpre destacar a evolución experimentada nos últimos pola Coral Polifónica, que pasou de contar con 10 membros logo da crise provocada pola Covid-19 a ter agora case 40 coralistas integrando as súas filas. «Vai haber máis de cen persoas sobre o escenario, xa que a banda está presto dos 60», sinalan. «Vai ser un intre realmente fermoso e potente».

Ademais, este ano farase a estrea dunha nova obra a interpretar pola banda de música, composta por un membro e fundador da mesma, Carlos Rodríguez, natural da parroquia pontevedresa, que vén de gañar, este venres, 22 de novembro, o concurso de composición da Federación Galega de Bandas Xuvenís. Leva por título A Viaxe de Teucro. «Estamos realmente contentos de poder interpretar esta obra, que será a súa estrea, xusto cando nos acabamos de enterar do premio», indica Alfredo Sánchez, director da banda de música de Salcedo e da súa formación xuvenil.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00