Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Xornada negra nas estradas da bisbarra

Dous accidentes na Laracha e Mazaricos deixan dúas vítimas mortais

Ambulancias del 061 / Xunta de Galicia

Ambulancias del 061

Costa da Morte

Siguen medrando as cifras de falecidos nas estradas da comarca no que vai de ano. Esta mañá perdían a vida dous varóns en sendos accidentes sucedidos na Laracha e en Mazaricos. O primeiro dos sucesos tiña lugar ás sete e media da mañán, cando un varón de 48 anos natural de Tordoia era atropelado na parroquia de Soandres. Os servizos sanitarios tentaron reanimar á vítima pero todos os intentos foron infructuosos. As primeiras investigacións falan de que o peatón puido ter cruzado a estrada AC-523 por un lugar non autorizado. Ademais, a pouco visibilidade a primeira hora da mañán, non axudou a que o condutor puidese evitar a colisión coa vítima.

O outro tráxico suceso sucedeu en Mazaricos, na parroquia de San Cosme de Antes. Un varón octoxenario veciño desta localidade perdeu a vida ao colidir o seu vehículo cun furgón. O choque tivo lugar na curva próxima ao establecemento "Casa Pejo" e nel bateron ambos vehículos, levando a peor parte a vítima ao non levar posto o cinto de seguridade, segundo informan dende a Garda Civil.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir