Vermú con SER
Sociedad

Moncho Borrajo báixase dos escenarios tras 52 anos de espectáculo

Vermú con SER repasa a súa traxectoria profesional e persoal

Vermú con SER - Moncho Borrajo (01/12/2024)

Vermú con SER - Moncho Borrajo (01/12/2024)

23:15

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1733149388_645_cut/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Radio Pontevedra, Radio Arosa e Radio Pontevedra recibe esta semana a Moncho Borrajo no seu programa Vermú con SER porque desde xaneiro e ata abril do ano que ven está percorrendo os teatros e auditorios do país coa xira Se Acabó, a última da súa traxectoria profesional. O día de Nadal cumprirá 75 anos e necesita facer outras cousas como pintar e así se define na rede social Instagram “pintor, dramaturgo, cómico, aparejador sin pareja, escritor, poeta, payaso, o sea, un impresentable”.

Nado en Baños de Molgas (Ourense) pasou a súa infancia en Vigo onde estudou no colexio dos Maristas e relata que a súa infancia foi boa a pesares de ser distinto aos demais “a min nunca me fixeron bullying”. Aos 16 anos muda a súa vida a Valencia por estudos e partires de ahí empeza a súa exitosa carreira profesional que o levou a traballar con grandes profesionais da televisión como Raffaella Carrá. Dende fai 40 anos vive en Tenerife a onde marchou ao principio por amor e alí asentou a súa rutina. Tenerife era visitado polos seus país durante varios meses a ano “logo chegaban en maio moreniños a Vigo”, cóntanos.

Durante esta charla falamos de política, humor, vivencias persoais… e tamén da xubilación e da soidade. Neste enlace poden escoitar de novo o programa. Grazas a Moncho Borrajo por todos estes anos de simpatía, humor e intelixencia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00