A Laracha rexistra un importante incremento do paro nun mes con pouca variación na maioría de concellos da zona
Novembro rematou con 46 parados máis en toda a Costa da Morte, deixando unha cifra de 4.587 desempregados
Costa da Morte
Os datos do paro rexistrado do mes de novembro deixan unha cifra que destaca sobre o resto, a do forte incremento do desemprego na Laracha. O mes rematou con 71 parados máis, elevando a cifra total de inactivos neste municipio a 437.
O da Laracha é un dato anómalo respecto ao resto da bisbarra onde a variación das cifras do para foron menores, mesmo en tres dos municipios mantívose o mesmo número respecto ao mes de outubro, son Cee, Ponteceso e Fisterra.
O paro subiu en Carnota en 14 persoas, Malpica e Muxía rexistraron subas de 4 persoas máis, Zas de 3 e Corcubión pechou novembro cun parado máis.
Son maioría os concellos da zona onde o paro baixou en novembro, aínda que con descenso leves en xeral. Destaca Cabana de Bergantiños onde o número reduciuse en 14 persoas, en Camariñas 9 menos, mentras Laxe e Mazaricos lograron reducir en sete persoas cada un as listas do desemprego.
En total na Costa da Morte, novembro rematou con 4587 parados, 46 máis ca en outubro. En comparación con novembro de 2023, na Costa da Morte hai 701 persoas menos no paro.