A Laracha lidera o descenso do paro de decembro na Costa da Morte
Baixa o paro en Bergantiños e a comarca de Fisterra, pero sobe na Terra de Soneira
Costa da Morte
O paro rexistrado en decembro baixou na Costa da Morte en 70 persoas, quedando a cifra de desempregados en 4.517 nos 17 concellos da zona. Un descenso importante para o último mes do 2024 liderado polo concello da Laracha con 28 parados menos ca o mes anterior. Ségueo Coristanco cun 12 parados menos e Carballo con 9. en total na comarca de Bergantiños a reducción do desemprego de decembro quedou en 71 persoas.
A comarca da Fisterra tamén rexistrou descenso do desemprego , pero de maneira máis moderada, sendo Cee o que obtén o mellor dato con 6 parados menos.
Non houbo un dato bo na Terra de Soneira, en total nesta comarca subiu o paro en 12 persoas, Vimianzo, con 7 parados máis, é o municipio con maior incremento do desemprego.
O 2024 remata con 809 persoas menos apuntadas nas listas do paro das que había ao comezar o ano nos 17 concellos da Costa da Morte.
Concello | Parados Decembro | Variación |
---|---|---|
Cabana de Bergantiños | 125 | -4 |
Carballo | 1.615 | -9 |
Coristanco | 252 | -12 |
Laxe | 112 | -5 |
A Laracha | 409 | -28 |
Malpica de Bergantiños | 230 | -9 |
Ponteceso | 177 | -4 |
Cee | 323 | -6 |
Corcubión | 74 | +2 |
Dumbría | 127 | +1 |
Fisterra | 175 | -4 |
Muxía | 143 | +4 |
Carnota | 152 | -5 |
Camariñas | 212 | +3 |
Vimianzo | 189 | +7 |
Zas | 131 | +2 |
Mazaricos | 71 | -3 |
Total | 4.517 | -70 |