Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Relevo na Alcaldía de Vilar de Santos

Antonio Míguez deixa o cargo despois de tres anos como rexedor

Antonio Míguez vén de anunciar que deixa a alcaldía de Vilar de Santos despois de preto de tres anos no cargo. O tenente de alcalde, Rubén Colmenero, ocupará este posto dende o sábado día 22 de febreiro, cando tomará posesión nun pleno extraordinario.

En declaracións a Radio Limia-Cadena SER, o aínda alcalde de Vilar de Santos asegurou que marcha unicamente por motivos persoais e amosouse moi satisfeito por ter garantido a transición de Xuntos por Vilar de Santos ao BNG. Míguez confirmou tamén que seguirá na corporación conservando a súa acta de concelleiro "durante un tempo", aínda que non ten previsto rematar a lexislatura.

“Rubén é unha persoa ben preparada para o cargo e temos, ademais, un equipo extraordinario que, por suposto, seguirá contando coa miña axuda”, afirmou o rexedor. “Eu non marcho, isto é únicamente un paso a un lado. O BNG de Vilar de Santos vai seguir contando comigo e manterei o meu cargo como concelleiro para apoiar a elección do novo alcalde.”

Rubén Colmenero quixo destacar o excelente traballo levado a cabo por Míguez, do que sinala “a súa dedicación ao bo desenvolvemento do noso Concello e á mellora dos servizos municipais para as veciñas e os veciños”. En canto ao cargo que está a piques de asumir, Colmenero vese “con moita forza, moita ilusión e sobre todo, con ganas de continuar a labor de Antonio e seguir facendo que a nosa veciñanza se sinta orgullosa de vivir aquí”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir