En Vermú con SER descubrimos o proxecto: “Entre Todas”

Vermú con SER - Descubrimos o proxecto: “Entre Todas” (23/03/2025)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
No que vai deste mes de Marzo, deixamos atrás o día Internacional da Muller. Nesta mesma semana, o Día Internacional da Narración Oral. E neste Domingo, no tempo de Vermú con SER, pretendemos poñer a atención no vindeiro Día das Letras Galegas. Este ano, a RAG quixo que foran as Cantareiras as homenaxeadas. As creadoras e transmisoras de xeración en xeración do patrimonio da nosa poesía oral. Tomando como referencia o 17 de Maio, decubrimos un proxecto: "Entre todas"
María Vidal Solla. Compositora, mestra e Intérprete de Música de Raíz.
Andar cós tempos: Ana García, Carme Campo e Chus Caramés.
Andar cós Tempos levan máis de 10 anos analizando os estereotipos de xénero que se dan na transmisión do baile e as músicas tradicionais e visibilizando así o papel das mulleres na tradición.
O vindeiro 17 de Maio, será o Día das Letras galegas.Nesta ocasión a RAG decidiu que este 2025 se recoñeza ás cantareiras. Por creadoras e transmisoras da nosa posía de tradición Oral. Para centrarse en nomes e apelidos, decidiron que teñen que ter tres obras publicadas e levar máis de 10 anos falecidas. De ahí xordiron os nomes de Rosa e Adolfina Casás .Eva Castiñeiras.Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.
Os vindeiros Premios Martín Códax, que voltarán coñecerse na cidade de Pontevedra no mes de maio, gardarán estreita conexión co Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras e a poesía oral tradicional.
Tomando como referencia o 17 de Maio, decubrimos un proxecto: Entre todas. Hai máis. Máis mulleres que contribuiron a facer das cantigas un patrimonio de todas e todos. Cantando á vida, socializando tarefas….
Os seus nomes poderán visibilizarse xunto ó seu cantar e formar parte do Museo do Pobo Galego. O contido desta compilación será transferido ao Arquivo Oral da Identidade, APOI. Coñece máis polo miudo este proxecto a través de Vermú con SER….




