Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Máis de 20 actividades na Semana Santa de Xinzo

O programa desenvolverase do 12 ao 20 de abril

Programa de Semana Santa en Xinzo

Programa de Semana Santa en Xinzo

O Concello de Xinzo de Limia vén de presentar a súa programación cultural para esta Semana Santa 2025, que se desenvolverá entre o sábado 12 e o domingo 20 de abril. En total, ofreceranse máis de 20 actividades de balde para todos os públicos, con especial atención ás crianzas e ás familias.

O programa comeza o sábado 12 co tradicional concerto de primavera da Agrupación Musical da Limia e continúa con cursos sobre tecnoloxía, contacontos, presentacións literarias e obradoiros creativos, como a elaboración de queixos ou ovos de Pascua de chocolate. A Casa da Cultura e a Biblioteca Antelana acollerán boa parte das propostas.

Ademais, a Orquestra Kubo actuará o Domingo de Ramos ás 19:00 horas na esplanada do Toural. Tamén destaca a segunda edición do Torneo de Xadrez Vila de Xinzo, que se desenvolverá durante dúas xornadas no Casino Antelano, e a actividade especial dos auto tolos, un paseo motorizado para cativos polas rúas do casco histórico que require inscrición previa.

A programación complétase coa a bendición dos ramos e procesión desde a Igrexa Vella o domingo 13 ás 12:00 horas; a procesión de Xesús na Horta das Oliveiras o xoves 17 ás 19:00 horas; e a do Santo Enterro o venres 18 ás 21:00 horas, ambas dende a Igrexa Nova.

Paralelamente, como accións orientadas á conciliación familiar, desenvolveranse o campus de inglés Easter Camp e o campus deportivo de Ociosaugal.

PROGRAMA COMPLETO:

SÁBADO 12 DE ABRIL

• Concerto de Primavera – Agrupación Musical da Limia

17:30 h – Casa da Cultura

DOMINGO DE RAMOS – 13 DE ABRIL

• Acto relixioso: Bendición dos Ramos e procesión dende a Igrexa Vella - 12:00 h

• Sesión vermú con LETHX SOUND

13.30 h - Praza Maior

• Orquestra KUBO

19:00 h – Esplanada do Toural

LUNS 14 DE ABRIL

• Curso de Realidade Virtual con Oculus Quest

11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

• Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate

16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

MARTES 15 DE ABRIL

• Curso de Introdución á Impresión 3D

11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

• Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate

16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

MÉRCORES 16 DE ABRIL

• Obradoiro de Elaboración de Queixos

12:00 h – Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

• “A árbore das palabras” – Contacontos

17:00 h – Biblioteca Antelana

DO 7 DE ABRIL AO 12 DE MAIO

• Exposición fotográfica: #Usentimento

Casa da Cultura

XOVES 17 DE ABRIL

• “A terrorífica historia de Aba” – Contacontos

18:30 h – Biblioteca Antelana

• Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Xesús na Horta das Oliveiras - 19:00 h

VENRES 18 DE ABRIL

• Presentación do libro “Pero… como morren as pegas”

20:00 h – Biblioteca Antelana

• Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Santo Enterro - 21:00 h

SÁBADO 19 DE ABRIL

• Homenaxe a José Gil, practicante de Xinzo de Limia

12:00 h – Salón de Plenos do Concello

Entrega da Medalla de Ouro do Concello a título póstumo

• II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo

16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes

• Auto tolos

17:00 a 19:00 h – Praza Maior e rúas de Xinzo

Paseo en auto tolo para cativos, previa inscrición. Prazas limitadas.

DOMINGO 20 DE ABRIL

• II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo (continuación)

16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes

• Concerto de Marta Bravo e Serxio Tannus: Alegría

13:00 h – Praza Maior

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir