“Cando me incorporei á alcaldía había 200 facturas sen pagar por un valor de máis dun millón de euros”
Javier Sar asegurou que a subvención anunciada polos socialistas para o arranxo do polideportivo nunca existiu, pediu reunirse co presidente da Deputación en tres ocasións, pero sen resposta
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pleno Aberto con Javier Sar, alcalde de Muxía
Este mércores estivo no Pleno Aberto de Radio Nordés o alcalde de Muxía para abordar diversos aspectos da actualidade municipal.
Respecto á economía local, Sar recriminou ao anterior executivos que houbese un descuadre dun millón de euros nas contas do concello. Debido a esta situación aínda se están iniciando obras do POS 2021. Co novo orzamento aprobado, de case 5 millóns, empezarán diversas obras de saneamento, arranxo de praias, vías ou abastecemento de auga. O Rexedor asegurou que un dos proxectos nos que está poñendo máis empeño é o da substitución das luminarias para instalar leds en todo o territorio, espera telo listo antes de que remate o mandato. Negou, en resposta ao PSOE, que houbese aprobado ningunha suba de taxas.
O alcalde falou tamén de servizos sociais confirmando que nuns quince días estará lista a licitación do SAF con aumento de horas.
Recoñeceu o rexedor o problema existente no acceso á vivenda, en parte, debido ao aumento de vivenda turística, pediu maior unión e colaboración publico privada neste sector. Traballan para lograr abrir a oficina de información todo o ano e manter o Camiño dos Faros limpo. Neste ámbito anunciou varias actuacións para mellorar os servizos en Nemiña e potenciar o turismo de surf.
O alcalde de Muxía abordou tamén o problema de convivencia e de enfrontamento dialéctico co grupo socialista, concretamente co exalcalde Iago Toba. Sar asegura que nunca o insulou e que é precisamente o anterior rexedor o que se dedica a insultar continuamente, , Resúltalle imposible manter a orde dos plenos, asegura que tería que botar en tódolos plenos ao voceiro dos socialistas, “os plenos acaban sendo como un circo, non se pode estar chamando á orde constantemente a alguén, non me quedará máis remedio que expulsalo”.
Ao marxe da actualidade municipal, Javier Sar falou tamén do sector pesqueiro e da necesidade de retomar a idea dunha lonxa comarcal, como mínimo que se estude a viabilidade.