Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Festival de Cans dedicará o foco internacional ao cineasta boliviano Alejandro Loayza, gañador en Sundance

Presentará o seu traballo en Cans e participará nos coloquios Café con Crea o venres, 23 de maio

Alejandro Loayza

Alejandro Loayza

A XXII edición de Cans, que terá lugar do 20 ao 24 de maio nesta aldea de O Porriño, dedicará o seu Foco Internacional ao boliviano Alejandro Loayza Grisi, chamado a ser unha das grandes promesas do cinema latinoamericano, que estará presente no certame.

Loayza é director, guionista e director de fotografía, e coa súa sorprendente ópera prima Utama, triunfou no prestixioso Festival de Sundance 2022, onde obtivo o Gran Premio na World Dramatic Competition. Ademais deste premio, esta película sobre a que planean os efectos devastadores da seca, obtivo máis dunha corentena de galardóns e participou en máis de 80 festivais internacionais.

Representante de Bolivia nos Oscar 2023

Foi a representante boliviana para os Premios Óscar 2023 e nomeada como Mellor Película Iberoamericana nos Premios Goya 2023.

Alejandro Loayza iniciou a súa carreira artística na fotografía fixa, realizando mostras, numerosas publicacións e gañando dous premios nacionais en Bolivia. Posteriormente saltou á imaxe en movemento como director de fotografía. Neste ámbito destaca o seu traballo nas curtametraxes Polvo do arxentino Emiliano Longo, Dochera do boliviano Álvaro Manzano Zambrana e Aicha do cineasta chileno Vinko Tomicic, premiadas en diferentes festivais latinoamericanos.

Proxección previa, o 17 de maio

O filme Utama proxectarase na previa do festival de Cans, o sábado 17 de maio no Centro Cultural do Porriño, ás 18,00 horas e a sesión de curtas o martes 20 de maio ás 18 horas no Centro Cultural do Porriño.

Alejandro Loayza presentará o seu traballo en Cans e participará tamén nos coloquios Café con Crea que terán lugar o venres, 23 de maio.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir