Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Rodrigo Ramos lanza o seu novo sinxelo “Se non fose por ti”

O 15 de maio ás 22:00h dará un concerto na sala “El Contrabajo” de Vigo xunto con Ali Joss

Vigo

Unha das voces máis persoais da música galega, Rodrigo Ramos, lanza o seu novo sinxelo, "Se non fose por ti", unha peza emotiva que explora a importancia dos lazos que nos sosteñen nos momentos de incerteza.

A canción, que transita entre a vulnerabilidade e a fortaleza, vén acompañada dun videoclip de atmosfera contida filmado en Porto do Son. Como parte da promoción, o artista ofrecerá concertos íntimos o 15 de maio en Vigo (El Contrabajo) e o 24 de maio en Santiago (Casa das Crechas).

Coñecido por mesturar pop contemporáneo, raíces e influencias latinoamericanas, e cunha forte conexión coa lingua e a cultura galegas, Rodrigo Ramos continúa a construír unha traxectoria sólida desde o seu debut en 2015, sumando tres álbumes e colaboracións destacadas.

Para o artista, a música en galego é un acto de identidade e resistencia que conecta directamente co público.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir