Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Éxito de público na inauguración da Feira do Viño do Ribeiro

Esta tarde arranca a cata popular

Inauguración da 62 ª Feira do Viño do Ribeiro. . / Cadena SER

Inauguración da 62 ª Feira do Viño do Ribeiro. .

Ribadavia.

A apertura da 62ª Feira do Viño do Ribeiro deu onte o pistoletazo de saída a varios días de festa, ata o domingo. De cara a esta tarde destaca o inicio da cata popular que continuará durante todo o día de mañá sábado. O domingo será a entrega de premios. Días cheos de actividades, a programación inclúe actividades xa habituais como os showcookings con chefs de recoñecida traxectoria, paseos no tren turístico ou actuacións musicais.

A xornada arrancou coa recepción institucional no Concello de Ribadavia, acompañada pola música da Banda A Lira de Ribadavia, que precedeu a un pasarrúas ata o Castelo dos Condes, onde actuou a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Ao acto asistiron autoridades como o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; a conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; así como o alcalde de Ribadavia, César Fernández, membros da corporación local e alcaldes de concellos limítrofes pertencentes á comarca do Ribeiro.

O pregón oficial tivo lugar no recinto feiral da Alameda e correu a cargo de Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español, quen protagonizou un discurso cargado de lembranzas e emoción. “A vendima é un dos mellores recordos da miña infancia: recoller as uvas, levalas no cesto que me regalaran os meus avós, e por suposto ese momento máxico que é o pisado das uvas”, sinalou. Blanco tamén destacou que, como galego que viviu fóra durante moitos anos, “os sabores de Galicia, como o viño do Ribeiro, son sempre un trago que sabe a morriña e á terra”. Ademais, fixo unha fermosa comparación: “o viño branco do Ribeiro ten o mesmo ton dourado que os solpores que se ven desde as terras do Ribeiro”.

A Feira volverá contar cun espazo de conciliación para que as familias poidan desfrutar do evento.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir