Nova edición de SER na escola dende o CEIP de Vilar de Barrio
O alumnado participou neste programa con contidos culturais

SER na escola CEIP Vilar de Barrio
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O programa SER na escola segue visitando os centros educativos da nosa provincia co seu estudo móbil. Nesta ocasión, o pasado 8 de maio o Hoy por Hoy Ourense emitiuse en directo dende a biblioteca do CEIP de Vilar de Barrio. Un programa cargado de contido cultural grazas á colaboración do alumnado e dos mestres.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de presentarlles aos oíntes o Museo de escritores e escritoras, unha iniciativa que levaron a cabo baixo a coordinación do escritor, editor e profesor do centro Xabier Domínguez. O alumnado recompilou preto de 70 libros relacionados co municipio, tanto obras escritas por autores de Vilar de Barrio como libros centrados no concello. Con este material realizaron una exposición itinerante que se inauguraba na pasada fin de semana.
Pola súa banda, o alumnado de 3º e 4º de Primaria ofreceu recomendacións de lectura coincidindo coa proximidade do Día das Letras Galegas.
O programa emitiuse dende a biblioteca do colexio, bautizada polo alumnado como Biblioteca Araña Maraña. A directora do centro, Manuela Iglesias, falou neste SER na escola das actividades que levan a cabo neste espazo.
Participaron tamén nesta edición especial do Hoy por Hoy Ourense dende o CEIP de Vilar de Barrio Xoán Portela, axente forestal; Servando Álvarez Pousa, director técnico do Centro de Desenvolvemento Agroganadeiro de Xinzo de Limia, dependente do INORDE, e Samuel Formoso, gandeiro limiao de vaca rubia galega. Non faltou a música de Daniel Soldevilla, que actuou ao longo do programa e incluso interpretou temas a petición dos rapaces e rapazas.




