Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Salud y bienestar
NOTICIA PATROCINADA

A Deputación aposta por unha atención de calidade e proximidade para as persoas maiores

A Rede de Protección Social de Lugo impulsa residencias que poñen no centro aos maiores a través dunha atención pública e de confianza

José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo, visita unha residencia para persoas maiores

José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo, visita unha residencia para persoas maiores

Lugo

A Deputación de Lugo dispón dunha Rede de Protección Social cuxo eixo principal é a rede de residencias públicas para persoas maiores, infraestrutura á que se suman o servizo de teleasistencia domiciliaria e o apoio ao servizo de axuda a domicilio xestionado polos concellos. O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destaca que o modelo de residencias provincial favorece o benestar e a tranquilidade dos usuarios e as súas familias, creando ademais emprego sostible, resultando en máis de 225 postos de traballo directos. Todo isto a pesar de que as competencias en materia de servizos sociais recaen na comunidade autónoma, tal como establece o Estatuto de Autonomía.

Actualmente, a rede provincial conta con nove residencias públicas distribuídas nos municipios de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Castroverde, Meira, Navia de Suarna e Ribas de Sil. Estes centros teñen capacidade para acoller a máis de 300 persoas maiores da provincia.

Manterse preto de veciños e familia potencia a calidade de vida na vellez

Manterse preto de veciños e familia potencia a calidade de vida na vellez

Manterse preto de veciños e familia potencia a calidade de vida na vellez

Manterse preto de veciños e familia potencia a calidade de vida na vellez

Manter o arraigamento e a calidade de vida

Co obxectivo de ofrecer coidados personalizados e de calidade, próximos ao seu lugar de residencia habitual, as instalacións están deseñadas para atender a un número reducido de usuarios. A Deputación facilita que as persoas maiores poidan permanecer no lugar onde desenvolveron a súa vida, rodeadas dos seus veciños e atendidas, en moitos casos, por persoal que coñecen e que é orixinario da mesma zona. Esta proximidade reforza non só a súa calidade de vida, senón tamén o seu benestar emocional.

O modelo da Deputación, desenvolvido en colaboración cos concellos onde se sitúan os centros, establece un acceso prioritario ás prazas para os veciños do propio municipio, seguido a continuación polos dos municipios limítrofes ou da comarca, e posteriormente para lucenses en xeral. Ademais, o sistema garante a igualdade de acceso, xa que o custo do servizo se adapta para que os usuarios oidan pagar en función da súa capacidade económica.

O persoal das residencias traballa de maneira activa para proporcionar o mellor coidado e atención

O persoal das residencias traballa de maneira activa para proporcionar o mellor coidado e atención

O persoal das residencias traballa de maneira activa para proporcionar o mellor coidado e atención

O persoal das residencias traballa de maneira activa para proporcionar o mellor coidado e atención

Xestión 100% pública ao servizo das persoas

A Deputación consolidou un modelo de xestión 100% público, baseado na proximidade e a calidade na asistencia, un sistema que antepón ás persoas fronte ao beneficio económico e que reforza o benestar e a tranquilidade tanto dos usuarios como das súas familias. Ademais, xera un impacto económico positivo nos municipios onde se implantan os centros, contribuíndo á creación de emprego estable e á fixación de poboación no entorno rural.

O persoal das residencias traballa de forma activa cos usuarios, fomentando o envellecemento activo a través de actividades lúdicas e adaptadas aos seus intereses. Neste sentido, apóstase por unha atención individualizada que potencia as capacidades, talentos e inquedanzas de cada persoa, promovendo así o talento e espírito creativo dos residentes.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir