Andaina solidaria da Cruz Vermella na Limia
Terá lugar o domingo 1 de xuño e é preciso inscribirse
Cartel da VI Andaina Solidaria da Cruz Vermella
A Cruz Vermella organiza a sexta edición da súa Andaina Solidaria na comarca da Limia, que terá lugar o domingo 1 de xuño con saída ás 10:00 h desde a praza Carlos Casares de Xinzo.
A actividade contará cun percorrido de 10 km e está aberta a todas as persoas que queiran participar. A inscrición ten un prezo de 8 € e inclúe un boleto do Sorteo de Ouro, avituallamento e participación no sorteo de agasallos ao remate da andaina.
As inscricións poden realizarse ata completar prazas na asemblea comarcal de Cruz Vermella na Limia (Rúa Río Arnoia, 14 – Multicentro) ou no centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia (Rúa Río Támega, 2).
Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Policía Local e a Protección Civil.
A Cruz Vermella lembra que todos os fondos recadados irán destinados a proxectos sociais dirixidos a persoas maiores, dentro da campaña “O que facemos polas persoas vale ouro”.