Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

"Escribimos co corazón porque non queremos que se perda isto": os quince alumnos do colexio de Muras envían unha carta á UNESCO

A misiva acompaña un exemplar orixinal do 'Alba de Gloria' de Castelao que se vai doar á biblioteca da entidade

"Escribimos con corazón porque non queremos que se perda isto": os quince alumnos do colexio de Muras envían unha carta á UNESCO

"Escribimos con corazón porque non queremos que se perda isto": os quince alumnos do colexio de Muras envían unha carta á UNESCO

00:00:0010:19
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

"Aquí somos só quince alumnos e alumnas e dúas mestras, pero temos moito que contarvos e algo importante que pedirvos": así comeza a carta que firman os nenos e nenas do CEIP Antía Cal Vázquez, en Muras, e que vai dirixida a Audrey Azouley, a directora xeral da Unesco. Nela dan conta da importancia de que existan escolas pequenas, como a súa, situadas no medio rural e que permitan aos máis pequenos ter acceso á educación preto do seu lugar de orixe.

A misiva vai acompañar unha edición orixinal do discurso 'Alba de Gloria', de Castelao, que vai ser doada á Biblioteca da Unesco, descuberta pola Asociación Legado Activo Beiras Cal, que é onde xorde a iniciativa. Por iso, na carta tamén reflexionan sobre as dificultades para a pervivencia do galego entre as novas xeracións. "Aínda que na casa as súas familias lles falan en galego, e as dúas profes que somos no centro tamén, entre eles comunícanse habitualmente en castelán", explica Lorena, a directora.

"Esta circunstancia fai saltar todas as alarmas", apunta, porque incluso nos centros rurais, que parecen ser un reducto de supervivencia do galego, o idioma vaise perdendo. Sobre esta cuestión tamén reflexionan os rapaces na súa carta: "O galego sempre foi a lingua que máis se falou aquí, a que usaban os nosos avós, a que soaba nas rúas; pero agora, pouco a pouco, está a desaparecer tamén entre nós".

"Andamos en zapatillas na escola"

Ademais de reivindicar a necesidade de contribuir á pervivencia da lingua, os nenos e nenas do colexio de Muras tamén reflexionan sobre a importancia de escolas coma a súa, que é "moito máis ca sitio para aprender" para eles. Reclaman "recuros, leis e vontade para manter vivas as escolas pequenas", coma a súa.

"O xeito no que traballamos aquí é completamente diferente, ao final somos unha familia e ata andamos en zapatillas polo cole", conta a directora. Este proxecto conseguiu que "valorasen máis o que teñen, déronse conta de que a súa escola é moi importante" e que reflexionasen sobre "o que somos, onde vivimos e o que estamos a perder sen decatarnos".

Eles mesmos o din: "O noso cole é importante para o medio rural porque podemos estudar cerca das nosas casas". Ademais, como son poucos, síntense "unha familia que se quere moitísimo". "É unha pasada ver como se coidan uns aos outros, ou como os maiores están pendentes dos máis pequenos e se preocupan deles, iso é moi bonito", engade a mestra.

Teñen un museo con obxectos antigos, como un xugo ou unha máquina de escribir, fixeron "unha peli de bichos", e teñen tamén "unha radio, un formigueiro, moito verde ao redor e unha horta", e todo no seu lugar de orixe, e no medio rural. "Tamén nos parecía moi importante recoller o esencial que é poder estudar cerca da casa, sen ter que desplazarse grandes distancias", explica Lorena. "É unha cuestión de identidade e de vínculo", engade.

Estas reflexións escritas polo puño e letra, cunha esmerada caligrafía, dos quince alumnos do centro, viaxan xa de camiño á Biblioteca da Unesco, xunto con ese orixinal do 'Alba de Gloria'. En Muras queda o gran "orgullo" que sinten tanto os rapaces e rapazas coma as mestras de que "dun sitio tan pequeno e que moita xente non sabe nin onde está" saia "algo tan valioso".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir