Coñece toda a oferta de "Concilia no verán" de Ribadavia
Por primeira vez exténdese ata setembro

Cartaz do programa "Concilia no verán" de Ribadavia.

Ribadavia.
O Concello de Ribadavia vén de abrir o prazo para solicitar praza no programa “Concilia no Verán 2025”, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses estivais, ao tempo que ofrece unha experiencia educativa e lúdica para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.
O programa desenvolverase do 23 de xuño ao 5 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, con posibilidade de ampliación desde as 08:30 horas mediante o servizo de conciliación de primeira hora. As solicitudes poderán presentarse dende este 26 de maio e ata o 6 de xuño no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou a través da sede electrónica: https://ribadavia.sedelectronica.gal.
O número de prazas varía segundo o mes, cun máximo de 130 participantes en xullo. As tarifas oscilan entre os 5 e os 60 euros para empadroados, con bonificacións para familias numerosas, monoparentais ou con menores con discapacidade. Este ano, ademais, é a primeira vez que hai conciliación durante o mes de setembro (do 1 ao 5) para así cumprir, tal e como era vontade do goberno local, coas posibilidades de conciliación durante todo o periodo de verán non lectivo, de xeito que se facilite a conciliación familiar e laboral durante todo o periodo vacacional.




