Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A banda sonora do verán das Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra dá a coñecer os detalles dos seis festivais de música que se celebrarán este ano en cinco concellos da provincia co seu patrocinio

Son seis eventos que funcionan como atractivos turísticos que este ano reciben un maior apoio por parte da Deputación, que eleva o importe do patrocinio en 50.000€, ata os 340.000€. A novidade é a incorporación do Underfest Xacobeo de Vigo a unha nómina que xa contaba con Portamérica (Portas), SonRías (Bueu), Sin Sal (Redondela), Atlantic Fest (Vilagarcía) e Revenidas (Vilagarcía). “Os Rías Baixas Fest convértenos nunha referencia, nun destino vinculado á cultura, natureza, gastronomía e territorio”, afirmou o presidente no xardín do Palacete das Mendoza, onde tivo lugar a presentación destes festivais, na que tamén participou a deputada de Turismo, Nava Castro.

Coa actuación musical do cociñeiro estrela Michelin Pepe Solla e Rodrigo Valiente déronse a coñecer os detalles dunha nova edición dos Rías Baixas Fest, que subirán o pano do 3 ao 5 de xullo coa celebración do Portamérica na Azucreira de Portas.

No mesmo mes, do 18 ao 20 de xullo, celebrarase na praia da Concha de Vilagarcía o Atlantic Fest.

Do 25 ao 27, na Illa de San Simón, o SinSal.

Do 31 de xullo ao 3 de agosto chega ao recinto das Lagoas, en Bueu, o SonRías, mentres que do 11 ao 14 de setembro celebrarase en Vilaxoán o Revenidas.

O ano pecharase coa celebración da nova incorporación dos Rías Baixas Fest, o Underfest Xacobeo terá lugar os días 14 e 15 de novembro en distintos emprazamentos da cidade de Vigo.

“O turismo de festivais medrou na Península Ibérica un 500% na última década e os datos de facturación converteron a España no primeiro destino do turismo de festivais de todo o mundo, con preto de 600 millóns de euros. Así que temos unha inmensa oportunidade para consolidarnos como un dos destinos favoritos do público”, explicou a deputada Nava Castro a transcendencia deste tipo de propostas para o destino turístico da provincia.

O presidente da Deputación insistiu en que: ”Na Deputación temos unha máxima: a descentralización. E os festivais son un claro exemplo de que a cultura hai que espallala por todas as Rías Baixas, que están conformadas por 61 concellos. Esta é unha maneira de axudar no reto demográfico”, remarcou o dirixente, quen recoñeceu a estes festivais como un escaparate internacional e que afonda na estratexia do goberno provincial para organizar eventos culturais en todos os concellos da provincia a través de programas como o +Música ou o Culturea.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir