La Ventana Metropolitana
Sociedad

A Ludoteca de Moaña remata o seu curso brincando co mar

As actividades desta semana contarán con xovos e obradoiros coas vacacións de verán en mente

Ludoteca Municipal de Moaña / Google maps

Chega o final do curso e dende a Ludoteca Municipal de Moaña preparan unha programación especial para estes últimos días de clases, coa vista posta no verán. Así o indica o nome da programación das actividades desta semana: "Brincando co mar".

Coa chegada do cambio de estación, na ludoteca van cambiar o decorado "por un máis apropiado para a época do ano na que estamos ao tempo que facemos xogos e obradoiros diferentes".

Tralo luns 16, co "Verán en rosa", o resto da semana na ludoteca moañesa ten a seguinte programación:

• Martes 17: DECORANDO A LUDO (decoración)

• Mércores 18: GRILANDAS DE VERÁN (decoración)

• Xoves 19: CHOCOS (obradoiro)

• Venres 20: CORAIS (obradoiro)

Servizo de conciliación e creatividade

O servizo da ludoteca está dirixido a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca.

Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición. Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).