Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A historia desde as rúas: así loitou a cidadanía pola democracia en Galicia

Máis de 3.000 pezas sobre a transición democrática en Galicia e en España, xa dispoñibles para consulta pública no Fondo de Propaganda Política Miguel Gutiérrez

Emilio Grandío, coordinador do Fondo de Propaganda Política Miguel Gutiérrez

Emilio Grandío, coordinador do Fondo de Propaganda Política Miguel Gutiérrez

00:00:0009:40
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

O Consello da Cultura Galega e o Grupo de Investigación Histórica Hispona acaban de poñer ao dispor da cidadanía o Fondo de Propaganda Política Miguel Gutiérrez, unha colección privada composta por máis de 3.000 documentos, carteis, panfletos e materiais de rúa, recompilados desde o final do franquismo ata a década dos 2000.

O traballo de dixitalización e catalogación foi desenvolvido polo equipo do Grupo Hispona, coordinado polo historiador Emilio Grandío, e ofrece unha nova visión sobre o proceso de transición democrática en España, cunha especial presenza de Galicia.

Unha memoria visual da loita polos dereitos e liberdades

O fondo recolle o esforzo da sociedade por superar corenta anos de ditadura, reflectindo as mensaxes que reivindicaban amnistía, liberdade política, maioría de idade aos 18 anos ou participación democrática. Estes materiais, moitos deles efémeros e pensados para desaparecer, ofrecen unha perspectiva alternativa á historia oficial, centrada nos grandes partidos e líderes políticos.

"Este tipo de coleccións permiten visualizar as persoas anónimas que traballaron pola democracia, moitas veces sen recoñecemento e sen deixar pegada nos arquivos institucionais", explica Emilio Grandío.

O coleccionismo como compromiso coa memoria

O fondo leva o nome de Miguel Gutiérrez, coleccionista coruñés que comezou a reunir estes materiais aos 13 anos, atraído polos potentes mensaxes que vía nas rúas. “Desde 1976 foi unha procura constante. Chamábanme a atención as mensaxes de liberdade e democracia”, lembra.

Durante décadas, Miguel gardou as pezas entre a súa casa e un pequeno local, ata que, por casualidade, contactou con Emilio Grandío, veciño do mesmo barrio. A partir dese momento comezou un traballo conxunto que culmina agora coa publicación en liña do fondo.

Un recurso aberto para a investigación e a educación

O fondo xa está accesible a través da plataforma dixital do Consello da Cultura Galega. Segundo Grandío, pode dar pé a múltiples investigacións sobre a historia política e social da transición, desde perspectivas pouco exploradas ata o de agora: "Hai moitas capas que cubrir e moitas voces que recuperar".

A colección destaca tamén polo seu valor simbólico: "Recuperar a rúa, recuperar o espazo público como lugar de expresión, é unha das claves da democracia. Esta documentación amosa como a cidadanía tomou a palabra despois da ditadura", apunta o historiador.

Acceso aberto e vontade de compartir

Para Miguel Gutiérrez, ver publicado o seu traballo de décadas é case incrible: “Teño que beliscarme para crer que isto está en rede. Hai moitos arquivos que non saen á luz. A diferenza está en facelo accesible para calquera persoa”.

O Fondo de Propaganda Política Miguel Gutiérrez é xa unha peza clave para entender a memoria democrática desde abaixo, poñendo en valor o papel das persoas comúns na construción da convivencia e dos dereitos que hoxe disfrutamos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir