20 anos do matrimonio igualitario: "Cando hai un avance legal adoita haber unha reacción dos sectores máis ultras"
En A Vivir Galicia analizamos como está a sociedade galega tras unha década de normas en defensa dos dereitos das persoas LGTBIQ+
20 años del matrimonio igualitario: analizamos su impacto en Galicia
Santiago de Compostela
Este mes cúmplese xusto unha década dende que o Congreso deu luz verde á aprobación do matrimonio igualitario, un hito que mudou a vida de milleiros de personas no noso país equiparándoas en dereitos ao resto da cidadanía.
Foi unha lei pioneira, pero non a única. Tras ela viñeron máis avances sociais e normativos que xeraron, no seu momento, unha forte contestación social. "Cando hai un avance legal adoita haber unha reacción dos sectores máis ultras", señala Xandre Garrido, de Avante LGTB.
"No cole do noso fillo está perfectamente normalizado"
Raquel e Carla son nais de Nacho, un neno de 7 anos que viven en Vigo. Explícannos que "en termos de vida cotiá non temos percepción de homofobia nin nada que nos leve a preocupación" e destacan a perfecta normalidade e tolerancia tanto por parte das familias como dos compañeiros.
No caso de Sara, ela vai ser nai dentro dunhas semanas coa súa muller Lucía. Destaca tamén a normalidade coa que todo o seu entorno, tanto familiar como laboral, está a vivir a súa maternidade. Iso si, cre que "falta educación" por comentarios que aínda están a recibir: "pregúntannos como eliximos ao pai, cando neste caso o que hai é un doador co que é necesaria a fecundación e xa está, o noso fillo terá dúas nais".