Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Camariñas reclama reforzos nos equipos contraincendios locais

A Deputación ofrece os seus medios para recuperar os espazos calcinados e axudar aos particulares afectados

A Coruña

Os pequenos concellos afectados polos incendios demandan un reforzo nos seus equipos de emerxencias. A alcaldesa de Camariñas, un dos municipios nos que o lume fixo presencia este verán, incide na importancia de que os concellos tamén estean ben dotados de medios de protección civil. Sandra Insua subliña que son os primeiros en acudir, antes de que cheguen os medios terrestres e aéreos de Xunta e Goberno central.

A rexedora acompañou ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, nunha visita á parroquia de Xaviña, onde o lume calcinou 52 hectáreas de monte e achegouse con perigo a vivendas, obrigando á Xunta de Galicia a declarar o nivel de alerta 2 e ao Goberno Central a moviliar á UME. Nos labores de extinción colaboraron, ademais dos autonómicos, medios de concellos da zona, Deputación e administración do Estado.

Formoso e Insua comprobaron o traballo do equipos contraincendios, destacando o esforzo conxunto realizado coa colaboración dos concellos de Vimianzo e Muxía. O presidente da Deputación expresou a súa "rotunda condena" aos incendiarios que queiman o monte "en actos criminais que poñen en perigo vidas humanas e bens". A tarefa céntrase agora na recuperación dos espazos e en apoiar aos particulares afectados. Ofrece aos concellos o apoio da Deputación e do Consorcio provincial de bombeiros no que necesiten na loita contra o lume.

O presidente do organismo provincial pide concienciación ás institucións, á xustiza e á cidadanía para mellorar na prevención, vixilancia e na condena sen paliativos a estes delitos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir