Ocio y cultura

Arrinca a XXV Festa do Esquecemento

A festa celébrase os días 22, 23 e 24 de agosto en Xinzo de Limia

Ni la pandemia detuvo la celebración del paso del Lethes

Esta edición especial, que conmemora os 25 anos de traxectoria da festa, contará con máis de 50 actividades gratuítas repartidas por todo o centro da vila: campamento, praza Maior, parque do Toural, casco vello e outros espazos de Xinzo, que se encherán de vida durante a fin de semana.

Un dos grandes atractivos, segundo informa o Concello, será o regreso do Gran Circo Romano, que se desenvolverá o sábado pola tarde sobre un terreo de 1.500 metros cadrados de area. Nel recrearanse carreiras de cuadrigas, combates de gladiadores e diferentes espectáculos, con gradas habilitadas para o público, que terá preferencia se acode vestido de época.

A música, os desfiles, as teatralizacións, as animacións de rúa e a participación de numerosos grupos de recreación histórica completarán unha programación deseñada para atraer tanto á veciñanza como a visitantes de toda Galicia e do norte de Portugal.

Esta edición terá unha vertente solidaria xa que os fondos recadados coa venda de merchandising destinaranse a apoiar aos territorios afectados polos incendios forestais nas últimas datas.