Xa está en marcha a segunda edición dos Premios José Hermida de Radio Escolar
Radio Pontevedra pon en marcha a segunda edición do concurso de podcast dirixido aos centros educativos que dispoñan de radio escolar. Para máis información envía un email a: radioescolar@radiopontevedra.com

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acude ao acto de entrega dos I Premios José Hermida de Radio Escolar e Podcast. UNED (Pontevedra), 09/05/25. / David Cabezón @ Xunta

Consulta as bases legais da convocatoria
Despois do éxito da primeira edición dos Premios José Hermida para radios escolares, na que participaron máis de 1.500 alumnos de 65 centros educativos de primaria e secundaria, Radio Pontevedra pon en marcha a segunda edición dos premios que chega con novidades.
Os II Premios José Hermida queren ser a motivación dos alumnos que participen no programa educativo de Radio Escolar. Radio Pontevedra quere incentivar ao alumnado participando nun concurso de podcast de radio nos centros escolares con temática e contidos elixidos en cada centro e consensuados co grupo de comunicación.
Este ano, os premios terán de novo dúas categorías: unha para os alumnos de infantil e primaria e outra para os de secundaria. Nesta segunda categoría chega unha das novidades porque se na primeira edición dos Premios podían participar alumnos da E.S.O, este ano súmanse os alumnos de bacharelato e Formación Profesional.
Unha Gala para a entrega de premios
Haberá unha gala anual na que estarán presentes os centros finalistas e alí entregaranse os II Premios José Hermida aos tres mellores podcast nas categorías designadas de infantil-primaria e secundaria-FP.
O Grupo Radio Pontevedra constituirá un xurado composto por profesionais da radio e por docentes, que seleccionará aos dez podcast finalistas. Estes finalistas protagonizarán a II Gala Premios José Hermida no mes de maio de 2026, onde se darán a coñecer os 3 colexios gañadores de cada categoría e entregaranse mencións especiais ao resto dos colexios.
A información necesaria está dispoñible en www.radiopontevedra.com xunto coas bases nos apartado Premios José Hermida.

Iván Montáns
(Moraña, 1985) Locutor y redactor en programas como el Hoy por Hoy Pontevedra, La Opinión, La Ventana...




