Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Asociación Cultural Ínsua de Viastela reclama melloras no proxecto do Faro do Roncudo

A entidade lembra que o Roncudo é un espazo de gran valor patrimonial, natural e simbólico, ligado á memoria dos mariñeiros falecidos no mar

A Asociación Cultural Ínsua de Viastela fixo pública a súa postura respecto ao proxecto de intervención no entorno do Faro do Roncudo, actualmente en licitación. O colectivo aclara que non busca a retirada da iniciativa, senón introducir melloras que garantan a protección, autenticidade e posta en valor deste enclave emblemático da Costa da Morte.

A entidade lembra que o Roncudo é un espazo de gran valor patrimonial, natural e simbólico, ligado á memoria dos mariñeiros falecidos no mar, polo que insiste en que calquera actuación debe respectar esa identidade.

Entre as súas propostas destacan:

  • Empregar materiais máis integrados na paisaxe, como o granito, evitando aceiro ou madeira, vulnerables ao vento e ao salitre.
  • Situar o aparcadoiro de autobuses no actual merendeiro, e non xunto ao Petón dos Trueiros.
  • Recuperar zonas degradadas con pedras de escombreiras ilegais, reducindo vertedoiros incontrolados.
  • Mellorar a sinalización viaria dende diferentes accesos a Corme e ao Cabo Roncudo.
  • Instalar unha cámara para observar solpores, cetáceos ou a actividade marisqueira.
  • Ademais, a asociación considera innecesarias barandillas ou balcóns artificiais, apostando pola prudencia fronte ao mar como mellor medida de seguridade.

Ínsua de Viastela subliña que a súa postura é constructiva e propositiva, mantén un diálogo aberto coas administracións e busca que as melloras contribúan a preservar e dignificar o Faro do Roncudo como símbolo da Costa da Morte.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir