I Torneo '3×3 Seijo-Silvosa': Un tributo á comunicación deportiva de Radio Lugo
Radio Lugo e Fundación Breogán únense para recordar a dúas figuras chave da emisora local nunha xornada deportiva aberta á cidadanía

Cartel del I Torneo 3X3 Seijo Silvosa

Lugo
Radio Lugo e a Fundación Breogán únense para recordar a dúas figuras chave na historia de Radio Lugo Cadena SER: Arcadio Silvosa e Pepe Seijo. Mediante o torneo '3X3 Seijo Silvosa', a emisora e o clube buscan render homenaxe a dúas voces vencelladas ao deporte lucense.
O evento celebrase nas pistas exteriores de O Pazo dos deportes o sábado 27 de setembro dende ás 10.00h. A xornada extenderase até a hora de xantar, cando se fará entrega dos premios ao equipos gañadores das categorías masculina e feminina.
A final estará restrasmitida en imaxe na web de Radio Lugo e conatará coa narración de Paco Basanta e Edgar Paz, habituais das retrasmisións de 'O Breo na SER'.
Este Torneo 3×3 non é só unha proba de baloncesto en pista exterior. É unha proposta cargada de simbolismo e agarimo cara a dúas persoas que amaban o deporte e souberon expresalo como ninguén.
O formato: categoría senior, masculina e feminina, para visibilizar e celebrar o talento de todo o mundo veterán.
Equipos: máximo de 5 persoas por equipo, co obxectivo de garantir participación e camaradería.
Con estas sinxelas pero afectuosas regras, rendemos homenaxe á profesionalidade, á entrega e á paixón que Pepe e Arcadio transmitían cada día.
Arcadio Silvosa
Arcadio Silvosa, coñecido por todos como unha das voces máis recoñecidas e apreciadas da radio lucense, foi xefe de informativos en Radio Lugo-Cadena SER, corresponsal de El País, a axencia EFE e outros medios.
Durante décadas, narrou con paixón os acontecementos deportivos, especialmente as andanzas do CB Breogán, coa retranca e a sensibilidade que o facían único. En 2011 decidiu dar un paso á política como concelleiro do PP, e uns anos despois, un ictus truncou a súa traxectoria profesional, pero nunca o seu espírito.
Faleceu o 9 de xaneiro de 2023, aos 64 anos, no Hospital Lucus Augusti de Lugo, deixando unha fonda pegada no corazón da radio lucense.
Pepe Seijo
Pepe Seijo, fillo do oficio, tomou o relevo con entrega e talento. Nado en Bilbao, dende os anos noventa estivo vinculado a Radio Lugo e colaborou con El País. En 2011, asumiu a xefatura de informativos tras a saída de Silvosa, converténdose nun referente do xornalismo lucense, sempre cunha voz cálida, crítica e cercana, sempre “contándolle á xente o que lle pasa á xente”.
O seu lume informativo fixo que se convertese nun dos xornalistas de vella escola máis admirados. Faleceu repentinamente mentres presentaba o seu informativo matinal, o 14 de agosto de 2023, fronte ao micrófono, deixando tamén un baleiro que será difícil de encher.




