Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Bergantiños empeza a tempada cun empate a dous nas Eiroas ante o Salamanca

O Sofán e Club do Mar, únicas vitorias dos nosos na primeira xornada en Preferente e 1ªFUTGAL

O Bergantiños logrou un punto no primeiro partido de liga da 2ª RFEF ante o Salamanca, un dos equipos fortes da categoría. Os de Carballo lograron adiantarse no marcado en dúas ocasións, Marru marcou o primeiro no 23’ e logo do empate dos visitantes, Amin volvía adiantar ao Bergan no 52’. Finalmente o Salamanca volveu igualar o resultado, un empate que se mantería ata o final do partido.

O Bergantiños amosouse seguro con balón, pero precisa mellorar en defensa onde se cometeron erros que facilitaron os goles visitantes. O adestrador bergantiñá, Simón Lamas, falou ao remate do encontro da necesidade de mellora atrás, pero asegurou estar contento coa imaxe dada ante un rival forte e chamado a rematar a tempada na parte alta.

O mércores ás 19h, tamén nas Eiroas, o Bergantiños recibe ao Marino de Luanco nos dezaseisavos de final da Copa Federación.

Empezou a liga tamén na preferente con vitoria do Sofán en Betanzos pola mínima (0-1) e empates do Paiosaco en Miño (1-1) e o Dumbría no Conco ante o Dubra (2-2). Na 1ªFutgal O Camariñas empatou a ceros contra o Bertamiráns no seu debut, mesmo resultado para a Esteirana ante o Cacheiras, mentres que o Muxía rematou o encontro a uns fronte ao Tordoia. Pola súa banda O Club do Mar levouse o derbi ante o Castriz (2-1) e o Fisterra caeu na casa por 1-2 fronte ao Calo. Nos encontros adiantados da Liga da Costa e a 3ª Futgal, o Muros venceu 1-0 ao Soneira e o Laxe empatou 2-2 co Muxía B.

A fin de semana trouxo a Carballo o torneo Internacional Sub-16 que rematou coa vitoria do At. de Madrid, o Rally de Terra de Galicia, puntuable para o Campionato de España, con vitoria para Jorge Cagiao e Javi Martínez.

Na travesía do Ézaro a vitoria foi para Unai Álvarez e Alba Ortiza na distancia de 4,5km e para Rubén baldomar e Lucia Villarnovo na distancia curta.

Corcubión acolleu a carreira pedestre, pertencente ao circuito Correndo Pola Costa da Morte con vitoria para Fran Pais e Raquel Ramos na distancia longa, mentres que na curta os primeiros en cruzar a liña de meta foron Anxo Lado e Alejandra Formoso.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir