A Xunta inicia os trámites para asignarlle unha enfermeira a Hugo
O seu estado de saúde, cunha traqueostomía, fai imprescindible a atención continuada por un profesional médico para a súa escolarización
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Inés Ramos (10/09/2025)
O curso empezou esta semana, pero Hugo aínda non puido ir a clase, precisa unha enfermeira a tempo completo. Logo da denuncia pública deita polos pais de de Hugo, finalmente, na tarde deste mércores confirmábanlle que se iniciaban os tramites para asignarlle ao profesional médico que precisa para poder ir a clase cos seus compañeiros.
Inés Rama é a nai de Hugo, asegura non entender a razón para non concederlle este apoio, tendo en conta que xa no 2022 lograran a asignación. Pregúntase porqué teñen que loitar tanto, cando xa teñen unha importante loita diaria, “da rabia que haxa que facer ruído para que te escoiten, ter que utilizar palabras como loita, Hugo xa ten que loitar abondo no seu día a día”.
Inés agradece todo o apoio e agarimo recibido por parte das familias e o equipo directivo do colexio e asegura que continuará loitando ata que a administración lle conceda o profesional sanitario ao que Hugo ten dereito.




