O Bergantiños busca soñar na Copa
Recibe hoxe ás sete a un clásico da Segunda Federación, o Marino de Luanco


Carballo
O Bergantiños salta hoxe ao campo co obxectivo de poder seguir escribindo páxinas ilusionantes no torneo do K.O. Nos últimos anos a Copa foi o torneo que permitiu aos carballeses poder medirse con equipos de superior categoría como o Raio Vallecano. Neste 2025 o Bergan quere comprar outro billete para poder traer o mellor fútbol á bisbarra. A eliminatoria, que se desputa a partido único, decídese a partir das sete en As Eiroas.
Os carballeses pelexan por un posto nos oitavos de final ante un clásico coma o Marino de Luanco. Nas filas do equipo asturiano militan moitos novos talentos da canteira sportinguista de Mareo e tamén algúns ilustres veteranos que apuran as súas carreiras. É o caso de Alberto Lora, con 12 campañas vestindo a camisola do Sporting no seu haber. Ou Orfila, un trotamundos que ademáis de ter xogado en Xixón, pasou por clubes coma o Racing de Santander ou o Numancia. No banco, dirixindo ao equipo, Alberto Sánchez, un técnico que na súa etapa de xogador, coma non, fixo carreira en El Molinón, pero tamén en conxuntos coma o Atlético de Madrid ou Xetafe.
O Bergantiños terá coma principal novidade a presenza do carrileiro Miguel Peña, un defensa destro que vén reforzar unha demarcación onde non estaba sobrado de efectivos Simón Lamas.




