Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Nigrán non esquece: Ofrenda floral polo 89º aniversario da "Volta dos Nove" no Xardín da Memoria

O Concello de Nigrán e as familias dos represaliados lembran o seu fusilamento no 1936 cun acto este 15 de outubro

Monumento aos represaliados na Volta dos Nove, situado en Panxón / Picasa

Monumento aos represaliados na Volta dos Nove, situado en Panxón

O Concello de Nigrán renderá unha homenaxe ás vítimas da "Volta dos nove", represaliados durante a guerra civil, no 1936. O acto, unha ofrenda floral, terá lugar este mércores 15 de outubro ás 11:00 horas no 'Xardín da Memoria' de Panxón, un espazo dedicado ao recordo dos represaliados.

A conmemoración, que se celebra anualmente, estará presidida por Juan González, alcalde de Nigrán, e contará coa presenza dos familiares dos veciños asasinados. O Concello fai un chamamento á participación da veciñanza para que se sume a este acto de memoria e dignidade.

A execución e a lembranza

'A volta dos nove' refírese á execución de nove veciños do Val Miñor (cinco deles de Panxón) o 15 de outubro de 1936, como parte da represión franquista. A súa morte foi unha vinganza dos falanxistas polos feitos ocorridos o día anterior en Sabarís, onde no asalto á casa dos irmáns republicanos coñecidos como "Os Ineses" faleceron estes, a súa asistenta Dolores Samuelle e tamén un dos falanxistas.

En represalia, forzas afíns aos golpistas colleron a nove detidos da prisión do Frontón, en Vigo, e fusiláronos na coñecida como curva da A Bombardeira, en Baiona.

O 'Xardín da Memoria'

O lugar elixido para a ofrenda floral é o 'Xardín da Memoria' de Panxón, un espazo inaugurado no 2016 para honrar a súa lembranza. O xardín está presidido por unha escultura en pedra con nove cruces que simbolizan as vidas truncadas, ademais de placas conmemorativas que recordan tanto aos asasinados como ás súas mulleres e a Dolores Samuelle.

Durante máis de catro décadas, o lugar do fusilamento en Baiona estivo marcado por nove cruces pintadas que, malia seren borradas repetidamente polos partidarios do réxime, sempre volvían ser debuxadas de novo por persoas que buscaban manter vivo o recordo. Hoxe, o espazo é un lugar de memoria consolidado onde as cruces se manteñen impresas.

O acto deste mércores reafirma o compromiso do Concello de Nigrán coa recuperación da memoria histórica e co recoñecemento dos que sufriron a violencia da Guerra Civil e a posterior ditadura.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir