La Ventana de Galicia
Sociedad

Antón Losada, sobre os taxis en Santiago: "Hai que rezarlle ao Apóstolo para conseguir un"

O politólogo reflexiona sobre as eivas no funcionamento do servizo na capital galega.

Antón Losada, sobre os taxis en Santiago: "Hai que rezarlle ao Apóstolo para conseguir un"

Santiago de Compostela

As protestas dos taxistas esta semana en Santiago de Compostela centraron este xoves a opinión do politólogo Antón Losada en La Ventana de Galicia, que ironizou co funcionamento do servizo na cidade: "As veces hai que rezarlle ao Apóstolo para conseguir un", comentou.

Losada entende as protestas pero pídelle autocrítica ao sector: "Estaría moi ben que lembraran, de cando en vez, que son un servizo público", e engadiu que "se desenvolveran o potencial das súas licenzas a xente non usaría VTCs".