A Xunta inicia o programa de asistencia oncolóxica que evitará desprazamentos ao CHUAC á maioria de pacientes da Costa da Morte
O novo servizo facilitará que entre o 50%e o 60% doentes de cancro da comarca reciban atención e seguimento no Hospital de Cee, reducindo viaxes e mellorando a calidade de vida


A Xunta de Galicia véJosé Manuel Mirajon de poñer en marcha un programa de asistencia oncolóxica no distrito sanitario de Cee que permitirá que a maior parte dos pacientes con cancro da comarca reciban atención sanitaria sen ter que desprazarse ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
A iniciativa, supervisada polo Servizo de Oncoloxía do CHUAC, evitará que entre o 50 e o 60% dos doentes dos concellos de Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas teñan que viaxar á cidade herculina para recibir tratamento ou seguimento médico.
O novo programa permitirá realizar consultas de seguimento para pacientes que non estean en tratamento activo, administrar terapias de baixa complexidade, efectuar controis de toxicidade e desenvolver consultas de enfermería oncolóxica. Tamén incluirá valoracións de subespecialidades e atención a pacientes en fases de coidados paliativos.
Para garantir unha atención de calidade, a Xunta reforzará o servizo de Oncoloxía da área sanitaria da Coruña e Cee cun facultativo especialista en oncoloxía médica e dous profesionais de enfermería, que traballarán coordinadamente co Hospital Público de Cee.
Durante o ano 2024, o CHUAC atendeu a 329 primeiras consultas e realizou 1.128 sesións oncolóxicas a pacientes adscritos a este hospital. O novo Hospital de Día Oncolóxico de Cee, acondicionado cun investimento de 88.500 euros, conta con seis postos de tratamento simultáneo e equipamento moderno conectado directamente co CHUAC, garantindo a continuidade asistencial e o seguimento integral dos pacientes.




