SER na escola conmemora o 25N dende o CIFP Portovello
Máis dun cento de alumnos e alumnas participaron na emisión en directo do Hoy por Hoy Ourense

SER na escola CIFP Portovello (Ourense)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O programa SER na escola achegouse este martes ata o Centro Integrado de FP Portovello da cidade de Ourense, continuando así co seu obxectivo de levar a radio aos centros educativos da nosa provincia. A colaboración da Consellería de Educación da Xunta de Galicia fai posible a continuidade deste proxecto.
Nesta nova edición, o Hoy por Hoy Ourense estivo centrado na conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa presenza de Chus Boo, avogada especializada en dereito con perspectiva de xénero; Luca Chao, escritora, politóloga, ex deputada e autora do libro Feminismo en cen palabras, e a asistencia dunha parte do alumnado, que participou na lectura dun fragmento dun manifesto en defensa da igualdade e tamén no debate xerado ao redor da violencia machista.
Neste SER na escola afondouse tamén na oferta e funcionamento da Formación Profesional en Galicia coa directora xeral de FP da Xunta, María Eugenia Pérez, e na realidade do centro da man da directora, Sira Coello; a xefa de estudos, Sabela Fraga; ou a responsable da biblioteca e da radio escolar, Celia Blanco. Interviñeron tamén Camila Afonso, medalla de prata no Campionato Galego de FP Galicia Skills polo seu traballo na especialidade de escaparatismo; Lidia Blanco, a súa mestra; ou Pati López, profesora de pandeireta e canto tradicional.
O programa contou ademais con varias actuacións musicais ofrecidas polo grupo As do Portovello e a participación do Grupo Moraima, formado por estudantes do centro que traballan na organización de iniciativas a prol da igualdade.




