Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O 30 de decembro celébrase en Vigo ‘MUTASons’, unha xornada sonora con artistas locais vinculadas á música experimental e electrónica

Phonotoner, Wabii & Yung Denzo Djs, AKAZIE, Marco Maril, Marta Verde, Juanma LoDo, Arkestra Djs, Fon_os e DJ Viktor Flores participarán no evento, no que tamén se presentará ‘Mydriasis’, unha investigación multisensorial realizada por Mateo Mena e Anna Matveinen

A promotora musical Sinsalaudio e o espazo mutante para eventos MUTA unen forzas e propoñen na tarde do 30 de decembro unha reunión sonora con artistas locais para despedir o ano. A iniciativa, coñecida como MUTASons, desenvolverase entre as 17.00 e as 22.00 horas do martes 30 no recinto da rúa Joaquín Loriga.MUTASons é un encontro sonoro que nace para reunir á escena vinculada á creación contemporánea, particularmente da música experimental e sonora, para despedir o ano. Artistas, DJs e proxectos vinculados á escena participarán nunha xornada que tamén conta coa implicación do creador Fon Román.

Ao longo de cinco horas, sucederanse os DJ sets, directos e propostas híbridas, dando boa conta da ampla e rica diversidade musical que se vive e escoita na rexión, e que se move entre a electrónica, a experimentación sonora e a cultura club.Entre as participantes, estarán DJs como Phonotoner, Wabii & Yung Denzo Djs, AKAZIE, Arkestra Djs (BFlecha e Mwëslee) e Viktor Flores; e haberá dous ‘live’ da man de Marco Maril e Fon_os. Tamén haberá espazo para dar conta de novos proxectos, como ‘Mydriasis’, unha investigación multisensorial realizada por Mateo Mena e Anna Matveinen, ou LivePixel, a innovadora proposta na que conflúen Marta Verde e Juanma LoDo e na que se mesturan ata nos seus propios nomes artísticos (pasando a ser, no escenario, Marta LoDo e Juanma Verde).

Ademais, Sinsalaudio gravará un podcast con entrevistas e que dará conta do que foi, musicalmente, o ano 2025 para a escena viguesa experimental.As entradas do MUTASons xa están á venda a través da plataforma web Woutick desde 10€ (máis gastos de xestión) e inclúen unha consumición. A capacidade da galería é limitada.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir