Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“O Camiño dos Faros é a ruta máis bonita de europa e debería contar cunha homologación e sinalización oficial adecuada”

Tiziano Corsini chegou a Muxía facendo o Camiño de Santiago, traballa organizando viaxes de sendeirismo para grupos italianos e lamenta a falta de apoio institucional da ruta costeira

Tiziano Corsini, italiano de 37 anos natural da Liguria, Chegou á Costa da Morte facendo o Camiño de Santiago, agora vive en Muxía, segundo relata, atopou aquí “un verdadeiro fogar”. Este foi o seu primeiro inverno na comarca, que cualifica de “bastante duriño”, marcado pola choiva e a humidade, aínda que asegura que o vínculo que ten con esta terra terra confirma que tomou a decisión correcta ao quedar.

Corsini traballa actualmente en colaboración cun operador turístico italiano, Itinerando, con sede en Frosinone, na rexión do Lazio, preto de Roma. Dedícase a organizar viaxes para grupos e clientes individuais italianos cara á Costa da Morte entre outros destinos internacionais. Confirma que xa teñen grupos previstos para xuño e setembro, ademais de viaxes individuais. El encargase de ofrecerlle asistencia telefónica e apoio loxístico aos viaxeiros unha vez que chegan aquí.

Entre os destinos que máis promove está o Camiño dos Faros, para o que tamén xestiona unha páxina en Facebook dirixida ao público italiano. Destaca a forza do océano Atlántico e a natureza da Costa da Morte como grandes atractivos para os seus clientes, que quedan sorprendidos polas praias, os cantís e os bosques que chegan case ata o mar. Sinala que en Italia existe unha ampla afección polo sendeirismo, especialmente ligada ás zonas alpinas, e compara o potencial do Camiño dos Faros co doutras grandes rutas europeas.

O italiano considera que o Camiño dos Faros é “o máis bonito de Europa” e lamenta que non conte cunha homologación e sinalización oficial adecuadas. Desde a súa perspectiva, resulta difícil comprender que se impulsen proxectos paralelos sen recoñecer previamente este itinerario. Ademais da súa actividade profesional, Corsini está a aprender galego nunha escola da zona e asegura que practica a lingua coas amizades que fixo na comarca, reafirmando así o seu compromiso persoal coa Costa da Morte.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir