SER Deportivos Ourense
Más deportes

Proba dura para BM Miño

O equipo de Víctor "Pele" recibe ao CP Lucense na segunda xornada

Segunda xornada da segunda fase para BM Miño

O Balonmán Miño recibe mañá sábado, ás 18:30 h no Anexo dos Remedios, ao CP Lucense co obxectivo de acadar os dous primeiros puntos desta segunda fase.

Os de Lugo, un rival directo á hora de tentar acadar a permanencia, son un equipo moi rocoso que obligará aos ourensáns a estar moi concentrados en defensa e a que o ataque teña o ritmo suficiente para atopar ocos que permitan situacións de gol doadas.

O equipo tentará recuperarse do varapao sufrido a pasada fin de semana ca derrota, algo inesperada en Vilagarcía. Un partido no que os do Miño non estiveron nada acertados no eido ofensivo, sen ritmo de balón que non permitiu atopar ocos nin situacións claras de gol o que conlevou a moitos erros no pase e no lanzamento.

Animamos a todo o mundo a que se acerque aos Remedios mañá sábado a disfrutar dunha gran tarde de balonmán.