Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ramón Collazo, carpinteiro de Ribeira: “O futuro que nos agarda é moi negro, non hai relevo e falta vontade política”

Tras máis de 40 anos adicado á carpinteiría de Ribeira, o presidente de Agalcari lanza unha mensaxe de alerta sobre a situación actual desta arte

Ramón Collazo, carpinteiro de Ribeira: “O futuro que nos agarda é moi negro, non hai relevo e falta vontade política”

Ramón Collazo, carpinteiro de Ribeira: “O futuro que nos agarda é moi negro, non hai relevo e falta vontade política”

00:00:0028:44
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Astilleros Catoira leva máis de 100 anos traballando na contorna do porto de Rianxo, o que o convirte nun dos negocios máis senlleiros da vila. A día de hoxe Ramón Collazo encabeza unha plantilla de 12 traballadores, entre os que se atopan carpinteiros pero tamén soldadores e persoal administrativo. Con todo, cando o seu avó comezou co estaleiro, aló polo 1915, eran moitos máis.

Collazo ostenta tamén o cargo de presidente de Agalcari, a Asociación Galega de Capinteiría de Ribeira, dende onde poñen en valor e denuncian a situación desta arte, tan típica nas vilas da costa galega. Claro exemplo é a situación da localidade de Rianxo; cando o noso entrevistado comezou a traballar había quince estaleiros adicados á Ribeira na vila. Agora quedan dous, e doce en toda Galicia.

“Hai falta de relevo xeracional e tamén botamos en falta a vontade política”, asegura o presidente de Agalcari. A degradación da carpinteiría de Ribeira ven tamén da man da posta en valor doutros materiais para a construcción de barcos como o aceiro ou o poliéster.

Intentos pola recuperación

A pérdida progresiva dun tempo a esta parte da arte da carpinteiría de Ribeira fixo que dende Agalcari optasen pola celebración dunhas xornadas de recuperación da construcción naval en madeira. Teñen lugar cada dous anos en vilas susceptibles de acoller novos estaleiros, como é o caso de O Grove ou mesmo Rianxo.

Ademais, a Asociación tamén está pelexando pola creación dun ciclo formativo adicado a pontenciar unha canteira da carpinteiría de Ribeira. “Non temos especial constancia de que haxa mozos e mozas interesados no ciclo, pero é algo que temos que facer antes de que sexa tarde”, recoñecía Ramón Collazo.

Diego Rodríguez Rosales

Graduado en Periodismo por la Universidad de Valladolid. Estudió un máster en periodismo deportivo a...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir