SER Deportivos Ourense
Más deportes

Prata nacional para Casal

Sanysec Ourense Atletismo completou unha gran participación no Campionato de España Sub16

Mario Casal prata nacional sub16 en lanzamento de peso

Fantásticos resultados do Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato de España Sub16 de Pista Curta. Destacar a medalla de prata de Mario Casal como mellor resultado a nivel individual. Participaron tamén Naia Bermejo, Lucía Quitnas e Ángel Araújo.

Mario Casal rematou na segunda posición facendo marca persoal con 14.72 metros. Realizouna no segundo intento, sendo o primeiro e terceiro lanzamentos nulos e levando o peso aos 13.97 no cuarto intento, aos 13.53 no quinto e a 14.09 no sexto e derradeiro.

Naia Bermejo no salto con pértega rematou na 12ª posición ao superar o 2.66 á primeira. Non puido coa seguinte altura, 2.86.

Ángel Araújo obtivo no salto de altura a 13ª posición cunha marca de 1.68. Superou á segunda tentativa a altura inicial de 1.64 e á primeira o 1.68 que finalmente quedou coma marca do campionato ao facer os tres nulos sobre 1.72.

Lucía Quintas quedou na 15ª posición na altura con 1.49. Bateu á primeira tentativa o 1.44 inicial, ao igual que o 1.49, sen ser capaz de sobrepasar a seguinte altura, 1.53.