Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“Non hai vontade política para cambiar, con este acordo rómpese o marco mental. É unha cuestión de xustiza social e sentido común”

Manuel Requeijo, alcalde de Muras, logrou un acordo histórico con Iberdrola que beneficiará directamente á veciñanza do concello, anima ao resto de rexedores a seguir seus pasos nas negociacións coas empresas eólicas

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Entrevista a Manuel Requeijo (26/03/2026)

00:00:0021:53
Descargar

Muras ten 600 habitantes, 20 parques eólicos, 381 muíños e aproximadamente 270 megavatios de potencia instalada. É o concello con maior produción eólica de Galicia, e con todo, ata agora, os beneficios económicos desta riqueza ficaban lonxe das arcas municipais. A Xunta recada cada ano arredor de 2.200.000 euros polo canon eólico xerado en Muras, pero só medio millón reverte no concello. Dende o 2015, o alcalde Manuel Requeijo traballa para cambiar esta situación, e o acordo asinado con Iberdrola o pasado xaneiro, tras máis de dous anos de negociación, representa o paso máis importante dado ata o momento.

O acordo establece que Iberdrola entregará anualmente ao Concello de Muras o 2,5% da produción do parque, cun mínimo garantido de 200.000 euros. A maiores, o concello recibirá 125.000 euros para sufragar a factura eléctrica da veciñanza. Ambas cantidades están indexadas ao IPC. En total, 325.000 euros anuais. O parque afectado conta con once muíños, oito deles en Muras e tres no concello veciño de Ourol e representa só o 17% da enerxía instalada no municipio.

O acordo vai máis alá do económico. As vías municipais deterioradas pola instalación do parque serán restauradas pola empresa. Os veciños e veciñas de Muras poderán acceder ás bolsas da Fundación Iberdrola, das que até agora estaban excluídos. Os propietarios históricos dos terreos que queden en desuso coa repotenciación terán preferencia durante tres anos para recuperalos ao prezo do valor rústico, evitando así a especulación. Segundo o alcalde, non existe ningún outro concello a nivel estatal que reciba unha cantidade similar pola instalación dun parque.

O caso de Muras xa chegou á Universidade de Santiago de Compostela, que contactou co concello para estudar o acordo como precedente pioneiro no sector enerxético. Alcaldes de distintas cores políticas tamén se están a poñer en contacto con Requeijo para coñecer os detalles da negociación. O alcalde subliña que o éxito require información e capacidade para resistir dous anos de negociación con grandes empresas. "Aquí o que se rompeu foi o marco mental", afirma, convencido de que este modelo pode estenderse a outros concellos galegos, pero indica que para eso debe existir “vontade política” por parte dos diferentes rexedores.

O alcalde de Muras é crítico coa Xunta. Cuestiona o programa Mondigo de Recursos de Galicia, que a Xunta presenta como un modelo de beneficio para as comunidades próximas aos parques eólicos. Segundo o alcalde, este programa non deixa claro en ningún momento os descontos que vai aplicar, os criterios que segue nin a que distancia se beneficia un veciño e non outro. "Dá a sensación de que se crea unha cortina de fume para dicir á xente que os parques eólicos van redundar en beneficio”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir