Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A radio en directo dende o IES Otero Pedrayo

Coñecemos a actividade do centro, marcada polo seu emblemático edificio e a súa historia

SER na escola IES Otero Pedrayo

SER na escola IES Otero Pedrayo

00:00:0001:12:37
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

O programa SER na escola continúa o seu percorrido polos centros educativos da provincia e este martes facía parada no IES Otero Pedrayo da cidade, ata onde se desprazaba un equipo de Radio Ourense Cadena SER. Esta nova edición de SER na escola xirou ao redor da actividade do instituto, outorgándolle especial protagonismo a programas, eventos e iniciativas desenvolvidos no centro. Como é habitual, a música en directo estivo moi presente coa participación da cantante galega María do Ceo, acompañada por Xosé Salgado á guitarra, e Álex Salgado á guitarra portuguesa.

Contamos tamén coa presenza neste estudio de radio rodante do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, co que falamos das políticas de ensino da Xunta de Galicia. Nun día no que ademais era noticia a futura Lei de educación dixital de Galicia, na que se prevé reforzar a prohibición dos teléfonos móbiles nas aulas, Román Rodríguez afondou nesta nova lexislación e as novidades que implicará no eido educativo.

Neste Ano Oteriano, coincidindo co 50 cabodano do intelectual ourensán Ramón Otero Pedrayo, coñecemos a actualidade e o día a día do IES da man do seu director, Daniel Lorenzo, que falou das orixes do centro laico máis antigo da provincia e do fatídico incendio que arrasou a ala leste do edificio, onde se atopaba a biblioteca. Conversamos tamén con Olga Quintana, vicedirectora; e con Martín, alumno de 1º de Bacharelato, que explicou a historia da Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán, da que exhiben unha copia nos corredores do edificio.

Escoitamos tamén a Pilar Rodríguez, mestra de ciencias e responsable do Museo Pedagóxico; a Noa, unha das alumnas que participou na gravación das audioguías do instituto, que é centro musealizado dende o ano 2009; a Ana Gloria Rodríguez Alonso, responsable da biblioteca; e a Lucía e Eva Valentina, estudantes de 1º da ESO e voluntarias da biblioteca.

Coa mestra Carolina Suárez afondamos no programa STEMbach, que busca promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica e contamos con Samuel, Noa e Rodrigo, tres estudantes de 1º de Bacharelato que participan no estudo e análise de datos de dúas estacións meteorolóxicas, unha moderna e outra do século XIX. Tamén houbo tempo para abordar a actividade deportiva da man do mestre Pablo Fernández, e Anxo e Noa, dous alumnos de 4º da ESO, e para coñecer a Sara e Clara, dúas estudantes que quedaron nos primeiros postos da Olimpíada Galega de Química, e con Miguel López, o seu profesor.

Dedicamos uns minutos a falar de cultura con Natividade Pazos, mestra de galego e impulsora do Premio Teatral Begoña Muñoz, da que foi compañeira en Sarabela Teatro, e con César Valiñas, un dos alumnos que contribúe cos seus textos na revisa escola Rañolas. E para pechar este espazo, a música en directo do coro do instituto.

Como é habitual, este SER na escola levou a radio a un novo centro educativo da provincia, permitindo ao alumnado e tamén a toda a comunidade educativa asistir e formar parte da emisión dun programa en directo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir