Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta adxudica por máis de 1 millón de euros a rehabilitación integral do colexio O Areal de Camariñas

A intervención, cun prazo de nove meses, mellorará a eficiencia enerxética, a accesibilidade e o confort do centro educativo

Corpo:

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 1 millón de euros as obras de rehabilitación integral do colexio O Areal de Camariñas, que executará a empresa Iam Rumbo Instalaciones y Obras. O prazo de execución será de nove meses unha vez se inicien os traballos, nunha actuación incluída entre as primeiras 16 programadas este ano pola Consellería de Educación.

O proxecto céntrase na renovación completa da envolvente do edificio para mellorar o confort térmico e a eficiencia enerxética. As actuacións inclúen a substitución da cuberta por unha nova con illamento, a instalación de sistema SATE nas fachadas e a renovación de 87 fiestras e 69 portas exteriores.

No interior, instalaranse 337 luminarias, falsos teitos e realizaranse tarefas de pintado, ademais doutras melloras. Tamén se actuará no patio cuberto para optimizar o acondicionamento acústico e dotarase ao exterior de iluminación, da que carecía ata o de agora.

A intervención incorpora, ademais, medidas para mellorar a accesibilidade, como a construción de ramplas e a adaptación de aseos. Este proxecto forma parte dun investimento global de máis de 16 millóns de euros en centros educativos este ano e contribúe a elevar ata os 8 millóns o investimento na Costa da Morte dentro do Plan de nova arquitectura pedagóxica.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir