Obras premiadas 2016 Antón Losada Diéguez
o día 11 de xunio, no concello de Boborás, entregaránse os premios 2016, Antón Losada Diéguez
Ourense
A entrega do premio Antón Losada Diéguez 2016, será o sábado 11 de xunio. Ás 11:00 horas da maña, misa na igresa de San Mamede de Montes, Concello de Boborás(Ourense);Ás 12:30 horas entrega do Premio no Pazo de Moldes. O acto de entrega será a cargo de Dº Xosé Luis Sobrado Pérez, historiador e arqueólogo orúndo de Boborás, ademáis de presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, presentará ás 12:30 horas o acto de entrega dos premios.
Vicente Risco, Mestre De Mestres.
Investigación e Ensaio.
Autor: Xosé Fernández Fernández.
A obra é un estudo orixinal e moi completo sobre este intelectual de Xeneración Nós e no que o autor analiza, a partir de moitas fontes documentais, aquelas aportacións menos coñecidas do ourensán, nomeadamente as tocantes á pedagoxía. E no libro quedan de manifesto os importantes esforzos que fixo Risco a prol da normalización do galego no ensino, un tema que non perdeu actualidade.
Na Modalidade de Creación Literaria.
Un Animal Chamado Néboa.
Ledicia Costas.
O Xurado considera que os relatos de Un Animal chamado Néboa, coseguen demostrar a condición global da memoría dos traumas da nosa historia recente, grazas a un hábil manexo de innumerable fontes documentais. A autora ofrécenos unha crónica do mellor e do peor da condición humana. Viaxamos así, sen solución de continuidade, do xeral ao particular por medio dun conxunto de historias que suscitan en nós un abano de emoción que chegan a deixarnos case sen alento.
Xosé Fernández Fernández.
Xerais Narrativa.