Os veciños de San Amaro levan case un mes sen auga

Trece familias do Lugar de San Amaro, no concello de Barro, levan padecendo problemas de abastecemento de auga dende que se fixo o túnel do Eixo Atlántico do AVE

Reclaman como solución uns pozos novos, o que nun primeiro momento prometera ADIF

Pontevedra

Trece familias do Lugar de San Amaro, no concello de Barro, levan padecendo problemas de abastecemento de auga dende que se fixo o túnel do Eixo Atlántico do AVE. Por mor destas obras, os pozos dos veciños quedaron inutilizados. Como medida provisional, ADIF construiu uns depósitos que se abastecen de auga procedente do túnel mediante bombeo. Pero esta solución “pasaxeira” leva así máis de sete anos, con avarías nas bombas cada vez máis frecuentes e quedándose sen auga cada vez que se vai a luz por unha simple tormenta.

Sin agua en San Amaro

02:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1527081261_574500/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Dende o Concello puxéronse en contacto coa Delegada do Goberno, para que lles aclare a quén lle compete poñer una solución definitiva. Xosé Manuel Fernández Abraldes respalda aos veciños, e agarda que, ben sexa Adif ou o Ministerio de Fomento, tomen medidas para arranxar este enquistado problema.

Os vecinos reclaman como solución máis axeitada uns pozos novos, o que nun primeiro momento prometera ADIF. Piden que dende a empresa empecen por reunirse con eles, porque se sinten engañados e non saben a quén acudir. Deixan claro que se ninguén se pon en contacto con eles para darlles una solución, non descartan accións reivindicativas como as que propón Montse Ribadulla, una das veciñas máis afectada: “se teño que poñerme na vía e parar os trens, póñome”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00