Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 20 de Septiembre de 2019

Otras localidades

VII Festival Internacional da canción popular

Grupos de sete países daranse cita no VII Festival Intrenacional da Canción Popular

A Deputación de Ourense colabora con este evento musical, enmarcado no IGF Caravan 2018,con grupos de sete países. /

A sétima edición do Festival Internacional da Canción Popular, enmarcada dentro da actividade do IGF (International Uníón of Folklore Associations) no IGF Caravan 2018, reunirá a grupos de sete países do 21 o 24 de xuño. A presentación desta iniciativa musical tivo lugar no Pazo Provincial,acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Festival, José Antonio Viñas; e o director comercial de Caldaria, Rafael Luaña.

Na programación, actuarán grupos de Israel, Italia, Bulgaria, Romanía, Portugal, Serbia e España, O sábado 23 de xuño, os concertos serán na Estación de Outariz ás 23:00 horas, e o día 24 de xuño, será no Balneario de Laias, ás 20:00 horas. Ademais das actuacións musicais, os artistas serán recibidos en diferentes institucións públicas e o Festival será clausurado en Laias cunha gala na que tódolos artistas mesturarán o termalismo coa música.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?