Torneo internacional de fútbol gaélico
O pasado sábado, no Campo Municipal de As Cancelas, en Santiago de Compostela, disputouse un Torneo Internacional de fútbol gaélico feminino, coa participación do Auriense
Ourense
Durante toda a xornada do sábado, o conxunto ourensá tivo a oportunidade de xogar contra as campionas de liga (Fillas de Breogán de A Coruña), as campionas de Copa (Estrela Vermella de Santiago de Compostela) e as campionas europeas Belgium Legends.
Unha oportunidade para que as novas incorporcaións se rodaran no xogo, e para poñerse a punto para a nova tempada. Ainda da derrota nos tres encontros, a experiencia certifica o bo momento que está a vivir o fútbol gaélico na nosa comunidade, cun Torneo de altísimo nivel fóra de Irlanda, a cuhna do fútbol gaélico.
Finalmente, victoria das Belgium Legends, nunha xornada con moitísima expectación e siareiras nas gradas do Campo de As Cancelas.
O Auriense retoma hoxe os adestramentos, co inicio tamén da única escola universitaria de Galicia.