Deportes
CD Lugo

Un ano dende que a vitoria ante Alcorcón convertía ao Lugo en líderes

O 16 de outubro do 2017, os lucenses levaban para a casa tres puntos polo 0-1 logrado no Santo Domingo

O CD Lugo festexando o gol que os facía líder / La Liga

Lugo

Case poderíamos dicir iso de no mesmo lugar e coa mesma xente. Case. O 16 de outubro do 2017 o CD Lugo visitaba o estadio madrileño de Santo Domingo para facerse cos tres puntos que o convertiría en líder da categoría na décima xornada da Segunda División e que deixaba ao Alcorcón en postos de descenso. Ao pelo viría aquí esa canción de Presuntos impicados, "Como hemos cambiado". Nun ano, máis ben nun ano e nun día, o CD Lugo e a A.D Alcorcón volven atoparse invertindo a realidade debuxada o pasado ano por estas mesmas datas.

Táboa da xornada dez (2017-2018) / Resultadosfutbo.com

Os pupilos de López levan na clasificación os mesmos puntos cos que o Lugo deixou hai un ano ao Alcorcon na vixésima posición: nove. Esa vitoria levaba ao Lugo ao ascenso directo, á cabeza da táboa por uns días. A maxia chegou no minuto 90 para os, por aquel entonces, de Francisco. Estivo en botas de Ignasi Miquel, quen non rematou a tempada vestido de albivermello, actual xogador do  Getafe.

Agora, un ano despois, mudamos Madrid por Lugo, o Santo Domingo polo Anxo Carro e a Liga pola Copa, a terceira ronda e invertimos o rendemento de ambos equipos na tempada. Ao final, vai ser verdade iso de que nun ano, amigxs, poden cambiar moitas cousas. O Alcorcón é, quizáis, o equipo revelación desta tempada. Cristobal Parralo tomaba o relevo a Julio Velázquez e parece que a decisión foi, canto menos, acertada. Polo de agora o conxunto madrileño leva cinco partidos ganados, un perdido e tres empatados. Pero as boas estatísticas non rematan aquí. Jimenez, o seu gardameta, é o porteiro que menos goles leva encaixados no que vai de competición. Dous, para ser exactos.

365 días dan para moito. Na cidade amurallada cambiamos, tamén, de adestrador. Novas incorporacións ao plantel, pero pouco gol no equipo. Os comezos non son os mellores, pero no fútbol, se ben é certo, non é como se empeza, máis ben é como se acaba. Pois malia o bo arranque, case que utópico, da pasada tempada, dos lucenses e o mal comezo ligueiro dos madrileños, o certo é que pasados os corente e dous partidos de liga, ambos quedaron moi igualdos. Tanto coma que o CD Lugo caía ata a décimo segunda posición e, ¡sorpresa!, a A.D Alcorcón, na undécima.

¿Que pasará?

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00